martes, 10 de septiembre de 2019

Xogos Xuvencos Olímpicos



PROXECTO EDUCACIÓN FÍSICA
CURSO 2019/20

Somos deportistas olímpicas e olímpicos

               Este curso é un curso moi especial. Rematará en ano olímpico. Cada catro anos, os mellores e as mellores deportistas do mundo se reúnen para realizar os Xogos Olímpicos, recreando o que no seu momento se fixo na antiga Grecia. As disciplinas e deportes foron cambiando ao longo da historia ata o que agora temos. Novas disciplinas se van tamén, incorporando. Trátase de celebrar tamén unha reunión de diferentes países, culturas, razas...onde o espírito olímpico, o entendemento e o respecto debe prevalecer.
               Polo tanto este curso teremos un reto, unha aventura que superar. Ao final do mesmo celebraremos os nosos primeiros Xogos Xuvencos, onde para poder participar deberemos ir superando unhas probas que nos outorguen a clasificación para estes Xogos. Deberedes reunir os cinco aros olímpicos, a través da consecución dos obxectivos que nos vaiamos marcando que nos darán uns puntos.
Iredes recibindo as instrucións nos próximos días.