viernes, 13 de marzo de 2020

O coronavirus non poderá con NÓS!!!!

Hola chicos e chicas de 5º.


Escríbovos esto para comprobar que o podedes ler. Como sabedes, non teremos clase nunhas semanas por motivos de seguridade. Necesitamos frenar a curva de contaxios, eso quere decir que aínda que collamos a gripe, este contaxio non sexa de maneira masiva para non colapsar os hospitais, polo que debemos ser moi responsables e aínda que non percibamos perigo, seguir as indicacións dos que saben de esto e quedarnos en casa todo o que podamos. Polo tanto, REPITO, e decídello as vosas familias, sexamos responsables e quedémonos, o que poidamos, en casa.

Mandeivos algún exercicio para que forades facendo, esto nos ten que servir para traballar outros aspectos moi importantes da nosa educación, como é a RESPONSABILIDADE e a ORGANIZACIÓN. Organizádevos para facer un pouquiño cada día, non se trata de estar 5 horas facendo exercicios, se trata de crear un hábito de traballo. Se tedes dúbidas podedes escribir aquí, ou o class dojo. Eu, na medida do posible, vos escribirei para que me vaiades contando ou para deixarvos algunha tarefa.

E agora propóñovos tamén que convirtamos esta situación en algo positivo. Que tal si con todo esto que está pasando facemos algo parecido a:

- PARAR, RALENTIZAR UN POUCO, REFLEXIONAR, IMAXINAR
- COMPROBAR O SINXELO QUE SERÍA REDUCIR AS EMISIÓNS CONTAMINANTES
- DARNOS CONTA DA IMPORTANCIA DE TER SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE, HOSPITAIS, MÉDICOS/AS E ENFERMEIROS/AS.
- XOGAR, LER, COMPARTIR COS NOSOS PAIS E NAIS.
- AXUDAR A NOSA FAMILIA, AXUDAR EN CASA PARA QUE OS NOSOS PAIS/NAIS SE PREOCUPEN MENOS.
- VER BOAS PELÍCULAS, DISFRUTAR DAS HISTORIAS.
- DESCONECTAR, DEIXA O MÓBIL A UN LADO, PÓDELO PASAR BEN SEN EL.
- AINDA QUE TE QUEDES EN CASA, MÓVETE, BAILA, CANTA, SALTA, FAI EXERCICIO.

RECORDA: NON SON VACACIÓNS, É, QUÉDATE EN CASA E APROVEITAO!!!!










-

1 comentario: